© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal
Primeira reunión capitalidade da Economía Social en Santiago no Pazo de Raxoi
Primeira reunión capitalidade da Economía Social en Santiago no Pazo de Raxoi
    • A comisión organizadora de "Compostela, capital da Economía Social" celebra a súa primeira reunión en Santiago.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora xeral de Economía Social do Ministerio de Traballo, Maravillas Espín; a conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta, María Jesús Lorenzana; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; a directora do CECOOP (Centro de Estudos Cooperativos e de Economía Social da USC), María Teresa Cancelo; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; participaron neste primeiro encontro no Pazo de Raxoi no que se perfilou o programa de actividades da “capitalidade”.

Cando aínda non pasaron quince días desde o anuncio por parte da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, da elección de Santiago de Compostela como capital española da economía social, a comisión organizadora, representada por Goberno español, Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela e ForoESgal, mantivo a súa primeira reunión de traballo esta tarde no Pazo de Raxoi. A présa débese ao interese de todas as partes en dotar de contido efectivo á capitalidade, de tal maneira que dea froitos para o presente e o futuro, sen quedar nunha mera celebración.

Este primeiro encontro centrouse en comezar a definir as actividades concretas que formarán parte deste evento. O intercambio de ideas serviu para reforzar as complicidades dentro do ecosistema da economía social galega e española, co fin de xerar oportunidades de desenvolvemento a nivel nacional, coa capital galega como epicentro. En definitiva, desde Santiago e ao longo dos próximos meses, estudarase o presente deste sector económico tan enraizado na sociedade para potencialo ao máximo nos próximos anos e que esta capitalidade sirva como claro referente para as próximas.

Con este fin, as actividades que se celebren neste 2022 conxugarán a potenciación da parte produtiva que todo sector económico debe ter coa necesaria capacidade divulgativa para que a sociedade que lle dá sentido saiba das virtudes da economía social. Sempre desde o convencemento, xa comprobado, de que quen a coñece pasa a ser parte dela.

“Queremos empezar canto antes os traballos para a posta en marcha das actividades que se van a desenvolver con relación a esta capitalidade”, indicou Sánchez Bugallo, que aproveitou novamente para agradecer a elección de Compostela. “En Galicia as empresas de economía social xogan un papel relevante, con máis de 25.000 empregos efectivos e é en Santiago onde teñen un maior desenvolvemento e onde está a sede da maioría. Cremos que adecuado e oportuno e estamos moi contentos pola designación” como capital española da economía social, recalcou.

Pola súa banda, Celso Gándara, presidente do Foro pola Economía Social Galega, volveu a insister na importancia da “capitalidade” galega porque, sinalou, “estamos seguros de que contribuirá a que se recoñeza a economía social como antídoto contra a desigualdade social e a fragmentación territorial”.

Gándara destacou na reunion o momento de “ebulición” deste sector en Galicia, con exemplos de “éxito empresarial que traspasaron as nosas fronteiras.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar